Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

domingo, 30 de março de 2014

Entrevista á compañeira Dolores García



Despois dun mes sen entrevista voltamos coa compañeira Dolores García García, "Loli", unha das veteranas da Asociación. Muito cumpridora cos compromisos e atenta aos asuntos da Coral, esta soprano coruñesa é tamén muito amiga das esmorgas e a festa.  

*******


Onde decorreu a túa infancia?

Nas Xubias e na Gaiteira [bairros da cidade da Cruña].

A que te dedicaches na tua vida laboral?

Dediqueime á destilaría de licores e augardentes.

Aguardando o momento da actuación no Festival de Habaneras
(Cambre, xullo 2011)


ORIXE DOS APELIDOS
Cartografía dos Apelidos de Galicia - Instituto da Lingua Galega - USC

Distribución de "García"

"García", considerado por muitos de orixe basca (*Hartze-a. "o urso"), é, segundo Higino Martins Estevez (As tribos calaicas, 2008), un "celtismo cedo romanizado, frequente em Navarra por aí o céltico ter sido uma velha língua franca. Vem de garça, ave de grande valor simbólico ainda na Idade Média; de bom agoiro e inimiga da serpente, cf. os bestiários medievais, que a exalçam. Coromines provou garça vir de *KARKIIĀ, com a passagem latina de K’- para G-. Garcia vem de *KARKÍDIĀ “garçalidade”." Mais información en Apelidos de Galicia.



Desde cando moras en Cambre?

É a minha segunda casa desde hai 40 años.

En que actividades sociais participas alén do coro?

En ningunha. Dedícome a cuidar miña familia.

Que te motivou para entrares na coral?

A soidade ao ficar viúva.

 
Xantar de Entroido en Bribes (febreiro 2014) - Ensaiando zarzuela en Cecebre (2012)

Que pensa a túa familía da túa implicación no coro?

Está moi feliz de que estexa activa e ocupada.

Tiñas algún tipo de experiencia musical cando entraches na coral? 

No coro parroquial na igrexa do Carme, nos Castros [Pertencente á parroquia de Santa María de Oza].

Entre Ana e Chus (Sada, outubro 2012) e de ensaio con Gesto no Forum da Cruña (xuño 2012)

Que é do que mais gostas das actividades que desenvolvedes?

Pois case todo. Os ensaios de zarzuela, as viaxes das actuacións, actuar con outro coros e coñecer os seus comezos. 

Cres que as actividades da Coral receben suficiente recoñecimento e apoio institucionais?

Creo que si.



No Parque de Santa Margarida (agosto de 2012)
e nunha representación de Zarzuela en Sada (outubro de 2012)
  

"Alma, corazón y vida" interpretada por Los Panchos


quarta-feira, 5 de março de 2014

O noso repertorio: A "Alborada" de Veiga


Título: "A estrela cruñesa" / "Alborada"
Letra: Francisco María de la Iglesia
Música: Pascual Veiga Iglesias
Ano: 1879
Arranxo: [---]
Xénero: Alborada
País: Galiza




COMENTARIO

Pascual Veiga (1842-1906), autor da música do hino galego, foi o pioneiro do rexurdimento musical galego. A alborada e "unha composición de orixe popular que un gaiteiro debía executar, con acompañamento de tamboril, os días de festa ou de patrón pouco despois do amencer, da alba, de onde procede o seu nome. É un xénero solemne, cun ritmo medio de 2/4 e de gran antigüidade. A composición de Pascual Veiga que comentamos amosa, no entanto, algunhas variacións importantes respecto da forma tradicional tanto na súa estrutura, máis complexa, como na tonalidade, pois está composta en clave de Fa, e non en Do ou Re maior, como acontece no formato popular."

Desde o momento da estreia polo Orfeón Brigantino durante os Xogos Florais de Pontevedra de 1880 co título de "A estrela cruñesa", nome da poesía de Francisco María de la Iglesia sobre a que fora composta a melodía, Alborada gallega tornouse unha das pezas musicais galegas máis populares. Louvada por Curros Enríquez num poema (¡Gloria a quen un tesouro n’esa canción nos leiga / Qu’ ha de ser a «Marsellesa» galaica «d’o Porvir»!), funcionou historicamente como música de identificación patriótica galega. 

LETRA


VIDEO

Galician Symphonic Orchestra


LIGAZONS

REAL ACADEMIA GALLEGA - Artigo "Alborada de Veiga"
RAG - PDF coa letra orixinal mecanografada do poema "adicada ás nenas da Cruña"
PDF - "Os símbolos de Galicia"

segunda-feira, 3 de março de 2014

Xantar de Entroido en Bribes



Mais un ano aproveitamos as festas do Entroido pra celebrarmos un xantar de confraternización. Desta vez reunímonos o sábado 22 de febreiro no restaurante Becerra, na parroquia de Bribes, a dar conta dunha boa laconada.

Só media ducia, dos cuarenta comensais, fumos quen de apresentarnos disfrazados, polo que fumos o centro de atención polo mentos até o comezo do xantar, un tempiño despois da recepción e os saúdos. Muito nos alegrou a presenza de varias excoralistas que se apontaron à xornada de convivio. Eu aproveitei o tempo de espera, antes e depois de nos sentar á mesa, para fotografar os compañeiros.

O xantar foi o típico destas datas, laconada, con chourizo, grelos, garabanzos e pataca. Todo regado cun bon mencía. De postre, orellas, filloas, "lazos" e "buñuelos", con abundante mel, marmelo, nata e outras cremas para quen quixer acompañar. E por último, xa entre piadas e cánticos, os cafés, cuns deliciosos chupitos de augardente e outros licores.

Após unhas intensas horas de convivencia despedímonos até o ensaio da próxima segunda feira.

ALGUNHAS FOTOGRAFIAS DO XANTAR


Ana Castro - Sol e Marién - Alfredo
Rosalía - Carlota

  


Alberto e home de Ana Castro - Garay e dona
Pepe e dona - Juan e Obdulia

     

Alberto, Ana, Elvi, Gesto e Carmen - Loli e Chus
 Chus, Mari, Alberto e Gesto - Olga co marido e un fillo



Pedro, Gesto e Doval - Pedro, Alfredo e Rosalía 
Mari, Carmen e o marido - Garay, Obdulia, Juan, Pedro e Juan




Herminia, unha amiga portuguesa, Obdulia, Merche e Rosalía.
Doval e Ramón - Pedro co marido de Carmen


sexta-feira, 21 de fevereiro de 2014

Renovación da Xunta Directiva da Coral


O pasado 31 de janeiro eliximos na Asembleia xeral unha nova directiva para os próximos catro anos que substitúe a presidida por Manuel Gesto e Manuel Luis Doval  e na que recuncan Alfredo, Ana e Sinda.

Eis o cadro de responsábeis:

Presidente: Juan María García Blanco (Garay)
Vice-Presidenta: Rosalía López Pérez (Entrevista Setembro 2013)
Secretaria: Olga Sande Rumbo (Entrevista Maio 2013)
Tesoureiro: Alfredo Álvarez Muiños (Entrevista Febreiro 2013)
Arquiveira: Ana María Castro Cortés (Entrevista Marzo 2013)
Vogal: Luis Alberto Torreiro Ares
Vogal: Sinda Mosquera Aradas (Entrevista Abril 2013)

Na fotografía a seguir, tirada na representación de zarzuela en Arteixo (febreiro 2013) aparecemos os catro novos membros da xunta (en primeiro plano e de esquerda para direita): Alberto, Rosalía, Olga e Garai, escoltados por Sol e Ramón (secretario saliente). Agardamos poder completar proximamente estea postaxe cunha fotografía de toda a xunta.


Por outra parte, este sábado 22 de febreiro celebraremos un xantar de confraternidade na Casa Becerra de Bribes. 

quarta-feira, 19 de fevereiro de 2014

Lista de membros da Coral


RELACIÓN DE MEMBROS DA CORAL EN XANEIRO DE 2014

Relación de membros da Coral en 31 de xaneiro de 2014, xornada na que decorreu a asembleia xeral en que se renovou a Xunta Directiva, facto do que informaremos proximamente.



domingo, 16 de fevereiro de 2014

O noso repertorio: "A vella chalana"


Título: "A vella chalana"
Letra: Jesús Méndez Torrado
Música: Jesús Méndez Torrado
Ano: 2005
Arranxo: Jesús Méndez Torrado
Xénero: Habanera
País: Bergantiños-Galiza

Recollendo o recordo a Eduardo Pondal 
na cea de Sabios (2009) · Que pasa na costa


COMENTARIO

Esta habanera, que xa ten o sabor das tradicionais, é unha composición do músico cormelán Jesús Méndez Torrado, dinamizador musical da comarca de Bergatiños, unha zona de rica tradición en bandas e agrupacións. O tema, dedicado a Manolo Vidal Saleta, pode ser do ano 2005 e foi gravado pola Coral Brisas do Mar de Corme en 2007.

É unha peza doada de interpretar, sinxela e sentida, que gosta muito, especialmente nos pobos mariñeiros, como recentemente en Ribeira

A chalana é unha pequena embarcación, de popa rectangular e proa triangular, con fundo plano, que adoita manexarse a remo (Wikipedia).

Fotografia: "Chalana en Quilmas" (Flickr)


LETRA

A Manolo Vidal Saleta

Nunha vella chalana, aprendin a bogar...
Da man de meu avó... bautizeime no mar...
Coa cubeta na man... comecei a chicar...
É co vento mareiro... fun as nasas largar...
Ao amaece-lo  día... íamos todos irmáns...
Dura escola da vida... vellos remos novas máns.
Tramallos, betas, rapeta... coa boa mar mainiña...
Ai, na vella chalana... canto pan para casiña...

(Retrouso)

Remos, estrobos, toletes... inda vos sinto renxer...
Do mareo en ti cureime... mariñeiro quixen ser...
Meu pai xingraba na popa... miña nai dende a solana...
Saímos nós mariñeiros... daquela vella chalana...

(2ª letra)

Na lonxana lembranza... cando o tempo pasou...
Vexo a vella chalana... que na praia varou...
Recende a maruxia... cando baixa a marea...
Lévame a nostalxia... a unha infancia na area...
............................
Añoros que non esquenzo... tras unha vida no mar... 
O patexar pola praia... ledos no alborexar...
Dar arriba a chalana... de peixe o cesto cheo...
Canto sorriso na cara... ledicia que ven do ceo...

(Retrouso)

Remos, estrobos toletes... inda vos sinto renxer...
Do mareo-en ti cureime... mariñeiro quixen ser...
Meu pai xingraba na popa... miña nai dende-a solana...
Saimos nós mariñeiros... daquela vella chalana...

(Fin)

Saímos nós mariñeiros... daquela vella chalana


PARTITURA [...] - VIDEO [...]

LIGAZONS

Sobre Jesús Méndez Torrado:
Dende Corme ao Mundo (blogue de Jesús Méndez Torrado - Suso de Basilio)
Homaxe a "os músicos de Froxán" (2006) - Camiños do mar (video)
"A alma da música en Corme" (2009) - Que pasa na costa
Sobre a chalana: Sociedade Cultural Columba