Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

terça-feira, 30 de dezembro de 2014

Zarzuela galega: "Miñatos de vran"


Título: Miñatos de vran
Libretista: Enrique Zas Simo
Música: José Fernández Vide
Ano: 1928
Lugar: La Habana





José Fernández Vide (1893-1981), máis coñecido como o “Maestro Vide”, parte para La Habana pouco despois de casar en agosto de 1924 para facerse cargo da dirección artística do Centro Galego de La Habana. Entre a súa variegada creación e actividade musical destaca a estreia de dúas zarzuelas galegas: Miñatos de vran, con letra de Enrique Zas Simo (1877-1928) e Proba d´amor, con letra de Francisco Alvarez de Novoa (1873-1936), estreadas no Teatro Nacional de La Habana en 1928. Fernández Vide regresaría para Ourense en 1932, no momento álxido da súa carreira. Parece que a Revista Galicia informaba en 1933 de que Fernández Vide estaba a concluír unha zarzuela sobre libreto de Xavier Pardo, colaborador da revista. Tamén informa doutro libreto para outra nova zarzuela que non chegou a escribir.


Fonte: Bandeira Galega · Ligazóns: Wikipedia - Blog Nacional


Por mor da expropiación e posterior destrucción parcial dos fondos do Centro Galego de La Habana non se conserva a obra orixinal de Miñatos de vran. Apenas os programas de man da estrea e algunhas crónicas da época, conservadas no arquivo familiar do Maestro Vide, fornecen algún dado sobre o orixinal composto en La Habana. No cartaz da estreia, ilustrado coas fotografías do compositor e libretista, máis a soprano (Carmen Hernández) e o tenor (Valentín Urrestarazu), anuncia:


Teatro Nacional. Gran Noche Gallega. 18 de enero. En honor de las Agrupaciones
Artísticas de la Sección de Bellas Artes del M.I. Centro Gallego. Estreno de la preciosa
zarzuela lírica gallega en 2 actos y ocho cuadros, original del maestro Vide y Enrique Zas, titulada: Miñatos de Vran (Milanos de verano). 40 profesores de orquesta. Coros de 60 voces. Gran acto de concierto.


REPOSICIÓN EN OURENSE

Miñatos de vran foi reposta en Ourense polo Liceo de Arte de Educación e Descanso no Coliseo Xesteira. A obra representouse en dúas únicas funcións o día 30 de xaneiro de 1959, constituíndo un éxito na cidade, segundo reflictía o día seguinte o xornal local La Región. O libreto orixinal de Enrique Zas foi adaptado por Ramón Otero Pedraio, que pronunciou una breve alocución na estreia. A obra mudou de dous para tres actos, como reza nos programas de man: “Miñatos de vran. Zarzuela en 3 actos, libro de Enrique Zas y Ramón Otero Pedrayo, música del orensano, maestro José Fernández Vide”. Fernández Vide tamén escribíu unha redución para voz e piano, versiónh que subtitula a obra como "Zarzuela Gallega en tres actos." 


Ramón Otero Pedrayo con Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas durante a feira do libro galego,
en Bos Aires, organizado por Follas Novas (1959) - Fonte: Fundación Otero Pedrayo.
José Fernández Vide - Fonte: P.V. Patrimonio Musical Galego 


Como observa Jurado (2010), a obra denuncia, ou polo menos apresenta, "a situación de diglosia relacionada co contexto social: se os mariñeiros falan galego, os señoritos Eduardo e Celiña o fan en castelán (sendo galegos), ao igual que o madrileño Carlitos; ademais, Faneco emprega unha variedade dialectal."


ARGUMENTO

[...] o argumento xira en torno a unha difícil historia de amor entre Manuel (tenor) e Maripepa (tiple), que remata cun xuramento de amor eterno. O primeiro acto transcorre nun pobo entre mariñeiro e turístico, onde Carlitos, un mozo madrileño veraneante, pretende sen éxito a pescantina Maripepa, namorada do señorito Eduardo, un case licenciado en Medicina. Manuel, mariñeiro, confesa ao seu amigo Corisco que está namorado de Maripepa. Eduardo convence a Maripepa de que fuxa con el esa noite a Santiago de Compostela e ela, finalmente, accede. No dúo con Manuel este confésalle o seu amor, mais ela rexéitao. Carlitos contrata a Faneco para que lle aprenda falar galego e, así, poder declararlle o seu amor a Maripepa.

O segundo acto acontece nunha rúa de Santiago, onde Maripepa traballa na taberna da señora Antona, situada fronte á casa de Celiña, rica herdeira prometida de Eduardo. Antona coincidiu con Maripepa na viaxe á cidade e conseguiu convencela de que non escapase con Eduardo, dándolle emprego no seu estabelecemento; traballando alí, Maripepa descubriu que Eduardo estaba prometido, por interese, coa rica Celiña, e que só pretendía convertela na súa amante. Antona, de acordo con Corisco e outros amigos de Manuel, trama finxir que entrega a Maripepa a Eduardo, para o cal faille escribir unha nota de amor dirixida á moza. Unha vez que a ten no seu poder, emborracha a Eduardo, momento no que Corisco e os demais ispen a Eduardo e péganlle con pez plumas a todo o corpo, abandonándoo na rúa tras mostralo a Celiña e darlle a nota de amor que Eduardo escribiu a Maripepa; a señorita, desenganada, rompe o seu compromiso con el. Mentres, Manuel pasea por Santiago con intención de matar Eduardo que é atopado por un garda, o sereno e a tuna compostelá. Manuel e Corisco encóntranse e este explícalle ao seu amigo o que aconteceu con Maripepa e Eduardo, e aconséllalle casar con ela, xa que está arrepentida do que fixo.

O terceiro acto, máis curto, transcorre no pobo mariñeiro do primeiro; as mozas opinan sobre a fuxida de Maripepa con Eduardo na presenza de Faneco, mais unha delas lles explica o que aconteceu en realidade. Maripepa e Manuel prométense e, aínda que a señorita Celiña quere ser a madriña, dito papel recae, finalmente, na señora Antona quen, á súa vez, casa con Corisco.

Jurado 2010


Dentre os números da segunda versión (1959) da obra: Preludio e coro inicial, Canción de Carlitos, Dúo de Manuel e Maripepa, Coro final acto primeiro, Canción de Celiña, Coplas de Carlitos, Barcarola, La tuna, Coplas de Faneco, Quixen morrer, Canción de Corisco e Coro final, destacamos a balada "Quixen morrer" retirada polo Maestro Vide desta obra. Foi gravada pola soprano Teté Torre (exitosa protagnista de reposición de 1959) e Pepe “Vide”, fillo do compositor, no disco Dulce sono

LIGAZÓNS

Javier Jurado Luque, A lenda de Montelongo: A zarzuela galega como manifestación cultural multidisciplinar na conformación do nacionalismo galego, 2010 [Resumo e ligazón a texto completo en Dialnet - Texto completo (PDF) en Repositorio da Universidade da Coruña].

Carlos Villanueva, "José Fernández Vide (1893-1981): tópicos identitarios en la figura y la obra de un músico de la emigración" [Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego - Trans Revista Transcultural de Música].
Carlos Villanueva, "José Fernández Vide (1893-1981): la figura y la obra de un músico de la emigración" [dialnet - pdf].
"José Fernández Vide (Ouresne, 1893-1981)" [La ciudad gallega de los músicos]

Javier Jurado, Mestre Vide. Obra completa. Volume 4: Zarzuelas, Ourense: Deputación Provincial de Ourense, 2011 [Libro en Dos Acordes - Noticia da apresentación en Ourense Dixital

Javier Jurado, “Miñatos de vran. Zarzuela galega de Fernández Vide sobre libreto de Otero Pedrayo?”, Grial, Revista Galega de Cultura 195, Vigo, 2012 [dialnet]

segunda-feira, 29 de dezembro de 2014

Actuación no Concerto de Panxoliñas de Cambre



CONCERTO DE PANXOLIÑAS

Igrexa de Santa María
Sábado, 27 de decembro

CORAIS PARTICIPANTES

Coral Aires Novos de Pravio
Coral Santa María de Cambre
Coral de Sigrás
Coral de Cecebre





PROGRAMA DO CONCERTO


 CRÓNICA

Pasado sábado 27 de decembro actuamos no tradicional Concerto de Panxoliñas que organiza a Consellaría de Cultura e Turismo de Cambre coas corais do concello. O acto decorreu na igrexa de Santa María a partir das oito do serán. A asistencia de público e o espírito natalino confortaron corpos e ánimos nunha fría e chuvosa noite de decembro.

Abriu o concerto a agrupación Coral Aires Novos de Pravio, dirixida por Lis Teuntor, que interpretaron "Imos a Belén" (popular), "Más allá" (Gloria Estefan con arranxos de Lis Teuntor) e "Zamba de la Navidad" (de J. Biagosch). A coral tivo o acompañamento musical dun guitarrista e un pandereteiro.

Seguidamente chegou a nosa quenda. Dirixidos por Luisa Armesto interpretamos tres temas, cunha lixeira mudanza a respeito do concerto en Abegondo: "O Meniño adorar" (popular galego? que interpretamos pola primeira vez), "Señora Doña María" (E. Correa) e  "Hacia Belén va una burra" (popular español).

 
 Na columna da esquerda, a Coral Aires Novos de Pravio.
Na columna da direita, a Coral Santa María de Cambre.

Actuou en terceiro lugar a Coral de Sigrás, dirixida por Xosé Luís Francisco González, que cantou "Glorial al Niño" (F. Mendelssohn), "Neno Xesús" (Julio Domínguez) e "Noite azul" (Orestes Barbosa e arranxos de Cyro Pereira).

Fechou o concerto a Coral de Cecebre, dirixida por Nico Matteo Nicora, que interpretou "Paxariños que voades" (popular), "Naceu en Belén" (Joaquín Carbajal) e "Señora Doña María" (E. Correa).

Na columna da esquerda, a Coral de Sigrás - Na columna da direita, a Coral de Cecebre.

Concluíu a velada coa entrega de cadanseu ramo de flores aos directores das corais por man do conselleiro de cultura, Santiago Ríos, quen se dirixiu aos presentes convidándoos a un refrixerio de café e chocolate no salón de actos da Casa do Concello.

As fotografías do concerto son de Elvi Barbeito. Noticia en La Opinión da Coruña.

 
Vista da nave e o público da abside. X.L. Francisco González (Sigrás), Nico Matteo (Cecebre),
Santiago Ríos (concelleiro), Luis Armesto (Santa María de Cambre) e Lis Teuntor (Aires Novos)
após a entrega de obsequios. Dúas imaxes do refrixerio.

domingo, 28 de dezembro de 2014

Participación no Festival de Panxoliñas de Abegondo



III CERTAME DE PANXOLIÑAS DE ABEGONDO

O Salón - Centro Social en Mabegondo
Domingo 21 de decembro

CORAIS PARTICIPANTES

Coral da Terceira Idade de Abegondo
& Coral de Coirós
Coral de Santa María de Cambre
Coral Luar da Lúa de Lubre
Coral Aires de Carral
Coro Interparroquial de Oza
Coro Parroquial de San Tirso de Mabegondo

CRÓNICA

Pasado domingo 21 de decembro voltamos a actuar por segundo ano consecutivo no III Certame de Panxoliñas de Abegondo. Lá voltamos a partillar experiencias con outras agrupacións participantes na anterior edición (anuncio - crónica). O evento colaboraron o Concello de Abegondo e Cáritas, que organizou un mercado solidario no vestíbulo d'O Salón, centro social locado en San Tirso de Mabegondo.

Desta vez nos deslocamos nos vehículos particulares até ao viciño concello de Abegondo, de interesantísima toponimia. Chegamos co tempo xusto para ensaiar e mudarnos, polo que apenas pudemos visitar o mercado solidario organizado por Cáritas nunha zona do vestíbulo.

 Vista do mercado solidario organizado por Cáritas

 Vista xeral do público asistente - Cativos do Nacemento Vivente dando o toque natalino sobre o cenario

O público ateigaba a plateia. Nun recanto do cenario un grupo de cativos, que acompañarían todas as corais durante todo o certame, formaban un Belén Vivente cheio de graza e inxenuidade.

 
Abriron a velada, apresentada polo crego de San Tirso, as corais da Terceira Idade de Abegondo e de Coirós, que voltaran actuar xuntas como o ano pasado.


Nós actuamos en segundo lugar. Compuñan o noso repertorio tres temas: "Hacia Belén va una burra", "Señora Doña María" e "Duerme el Niño Jesús", que levantaron os aplausos dos asistentes. 


A Coral Luar da Lúa de Lubre (Bergondo) tamén recuncou mais un ano no Certame de Panxoliñas de Abegondo. Interpretou, entre outros, a panxoliña "Alá pola media noite".


A Coral Aires de Carral non viera o ano pasado, aínda que é case habitual en anteriores encontros de música natalina no concello de Abegondo. Deron mostras de experiencia e mestría sob a dirección de Juan José Gordillo Campelo.


A Coral Interparroquial de Oza, con apenas dous de existencia, interpretaron os dous temas que compoñen o seu incipiente repertorio. Receberon cálidos azos do apresentador e o público asistente.


Fechou o Certame o Coro Parroquial de San Tirso de Mabegondo, de carácter mixto adulto-infantil, que contou coa complicidade de todos os asistentes. A presenza dun grupo de cativos, participantes no Nacemento Vivente, acompañou todas as corais dando un ambiente natalino desde un recanto do cenario. 


 
   
 Corais da Terceira Idade e de Coirós, Cambre, Luar da Lúa, Carral, Oza e Mabegondo.

Á conclusión do acto, após as despedidas e entrega do último ramo de flores á coral que encerraba a xornada, os participantes foron dar conta dos petiscos que aguardaban disciplinadamente a chegada dos comensais. Mas eu tiña que ir embora e só poido imaxinar os risos, parabéns e cantigas.

 VIDEO

Vídeo da nosa interpretación de "El Niño Jesús".

segunda-feira, 22 de dezembro de 2014

Éxito da Antoloxía de Zarzuela en Betanzos


ESPECTÁCULO "VIVA LA ZARZUELA"

Aula de Cultura Xulio Cuns
Domingo 14 de decembro

Mezzosoprano: Mª Jose Ladra
Pianista: Zita Tanasescu
Dirección: Luisa Armesto


CRÓNICA

Máis un ano voltamos a actuar en Betanzos, a bela vila mariñá onde fumos atendimos coa cordialidade e dilixencia habituais. O público, que lembraba a representación de xaneiro de 2013, sobardaba as 220 butacas móbeis da sala Xulio Cuns, nos recebindo con caloroso entusiasmo, solicitando bises e participando na interpretación dalgún tema como "Los nardos". Lamentabelmente non puiden encontrar calquera colaborador para tirar algunha fotografía da nosa actuación, polo que as imaxens que ilutran esta postaxe son as que puiden facer antes do comezo do evento.

Imaxes do cenario e do exterior antes da representación. 

PROGRAMA

           1. Marina, "Dichoso aquel que tiene...". Solista e coro de homes.
           2. La rosa del azafrán, "Esta mañana mu tempranico...". Solista e coro xeral.
           3. Katisuska: "Marcha de los soldados de Kazán". Coro de homes.
           4. La del Soto del Parral, "Dónde estarán nuestros mozos". Coro xeral.
           5. Don Gil de Alcalá, "Todas las mañanitas". Solista e coro xeral.
           6. Don Manolito, "Viva Madrid que sí, que sí...". Coro xeral.
           7. Luisa Fernanda, "Mazurca de las sombrillas". Solista e coro xeral.
           8. El rey que rabió, "Coro de los doctores". Coro de homes.
           9. Las Leandras, "Coro de los nardos". Solista e coro xeral.
          10. La Verbena de la Paloma, "Por ser la Virgen de la Paloma". Coro xeral.
          11. Las hijas del Zebedeo, "Al pensar en el dueño de mis amores". Solista.
          12. El último romántico, "Mazurca". Coro xeral.
          13. La Gran Vía, "Tango de la Menegilda". Solista.
          14. La Gran Vía, "La jota de los ratas". Tenores e baixos solistas.
          15. La Gran Vía, "El Chotis del Elisedo". Solista e coro xeral.

ELENCO 
Mezzosoprano solista: María José Ladra.
Tenores solistas:
L. Alberto Torreiro, José Mª Carregal, Juan Mª García e Alfredo A. Álvarez.
Baixos solistas: Carlos E. Santiso e Manuel Deus.
Narrador: Manuel Doval.
Pianista: Zsita Tanasescu.
Dirección e realización: Luisa Armesto Ramón.
Produción: Coral Polifónica Santa María de Cambre. 

IMAXENS DO PRESEPIO

Máis un ano puidemos admirar o presepio instalado no primeiro andar do vello Arquivo. Na postaxe do ano pasado, cando participamos no Concerto de Vilancicos, incluímos varias imaxes da instalación, que agora reducimos a algúns detalles.

 
Tres detalles do presepio de Betanzos e figura dun rei mago
utilizada para depositar as cartas das crianzas aos Reis Magos

LIGAZÓNS

Próxima actuación co Espectáculo de Zarzuela en Betanzos (23/01/13)
Éxito do Espectáculo Viva la zarzuela en Betanzos (18/02/13)

Próxima participación no Concerto de Vilancicos de Betanzos (17/12/13)
Actuación no Concerto de Vilancicos de Betanzos (24/12/13)

Domingo levamos a antoloxía de zarzuela a Betanzos (12/12/14)