CONCERTO DE HABANERAS
MÚSICA NO PARQUE - FESTAS DE MARIA PITA
Palco no Auditorio do Parque de Santa Margarida
Cuarta feira 19 de agosto
COMENTARIO
Da zarzuela às habaneras, dos Xardins de Mendes Nunes ao Parque de Santa Margarida en menos de 24 horas... Dous días trepidantes. Após actuarmos no ciclo MÚSICA NOS XARDINS pasamos para o ciclo MÚSICA NO PARQUE, no que coros e corais da cidade e a bisbarra oferecen un concerto exclusivo. Nós interpretamos os dez temas a seguir: "A vella chalana", "Barcarola", "Jardín de ensueño", "Camino del indio", "Bullerengue", "Terra Meiga", "Os teus ollos", "Quiéreme, sí, sí...", "Alma, corazón y vida", "La playa del querer", "Velai vai" e "Muradana".
Ainda que tiñamos maus augurios de intervencións doutras corais, que falaban duns 60 asistentes, a exitosa representación de zarzuela da xornada anterior fixo que a concorrencia se acrescentase até a 200 persoas. E houbo mesmo quen chegou a proferir algún "bravo"... Mas o que mais nos aledou a todos foi a presenza, de momento como visitante e asistente, do noso compañeiro Alfredo, xa muito reposto dun pequeno achaque que o levou a gardar repouso...
Un parente dun compañeiro tivo a amabilidade de tirar algunha fotografía do evento, que comezou ás 20:00 horas e decorreu ao longo de mais de unha hora.
IMAXES
Sem comentários:
Enviar um comentário