Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

quarta-feira, 20 de agosto de 2014

Participación no XVI Festival de Habaneras de Cambre


XVI FESTIVAL DE POLIFONÍA E HABANERAS

Auditorio do Parque da Igrexa, Cambre
Venres 15 de agosto

CORAIS PARTICIPANTES

Coral de Cecebre
Coral Aires Novos de Pravio
Coral Polifónica Santa María de Cambre

Real Coro de Toxos e Froles (convidada especial)


PROGRAMA DO FESTIVAL



CRÓNICA FOTOGRÁFICA

Após faltarmos á edición de 2013 voltamos a participar no Festival de Habaneras de Cambre que reúne as corais do concello e unha agrupación musical de recoñecido prestixio, o Real Coro Toxos e Froles de Ferrol. Como estes últimos anos, o bon tempo acompañou a velada e, con el, un público variegado e muito atento que enchera as grades ás 20:30 da tarde, hora do comezo. O Festival estivo apresentado por unha representante do Concello.


Dous aspectos do público asistente

Na primeira parte do Festival actuamos as corais de Cambre, este ano reducidas a tres: Coral de Cecebre, a Coral Aires Novos de Pravio e nós, a Coral Santa María de Cambre. Achamos en falta aos compañeiros de Sigrás e mais de Bribes.

  Coral de Cecebre

  Coral Aires Novos de Pravio

  Coral Santa María de Cambre

Nós interpretamos o mesmo programa que no recente Festival de Habaneras de Santa Margarida: "A vella chalana", "Os teus ollos", "Alma, corazón y vida" e "Muradana". Como na Cruña, todas as nosas interpretacións foron acollidas con muitos aplausos.

  Coral Santa María de Cambre

De seguido, na segunda parte do Festival, mais nocturna, actuou o Real Coro Toxos e Froles, cheio de ledicia, música e colorido, que foi recebido con muito agarimo polo público. Foliadas, moiñeiras, pandeiradas e troulas compuseron a sua participación. Persoalmente, achei en menos algún dos alalás de cuxa recuperación Toxos e Froles fora un dos pioneiros canda a sua fundación, da que se cumpre este 2015 o cen aniversario da súa apresentación pública.



Público asistente antes da actuación de Toxos e Froles.
O coro, esperando o momento de acceder ao cenario.
Diversos momentos da actuación de Toxos e Froles

Concluiu a velada coa entrega de agasallos ás agrupaciones musicais participantes, consistente nun libro de fotografías e estampas antigas do concello e un ramo de flores. 

Agasallos e despedida. Apresentadora, Juan Garay (noso Presidente),
a representante da coral de Cecebre, dous representantes de Toxos e Froles,
Lis Teuntor (Aires Novos) e Santiago Ríos (Concelleiro de Cultura).
 
Após a entrega de presentes, Toxos e Froles e bastantes membros particulares (entre os cais a nosa directora, que tornou rápida canda ao seu home, o noso compañeiro Alfredo, que está no hospital a se repor dun achaque), non participaron no refrixerio de verán con que nos convidará o Concello, mas os que ficamos demos boa conta del con muita risada e parolada...
 


 
AGASALLO DA ORGANIZACIÓN


 

Sem comentários:

Enviar um comentário